Sunday 28 de April de 2024

Máis de mil efectivos de brigadas da Xunta e dos concellos integrarán parte do dispositivo da campaña da loita contra os incendios forestais na provincia de a Coruña


Ovidio Rodeiro participou Xornadas de Seguimento do Convenio na loita contra incendios cos responsables municipais do Distrito II Bergantiños –Mariñas Coruñesas

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou está mañá nas Xornadas de Seguimento do Convenio na loita contra os incendios cos responsables municipais do Distrito II que inclúen as demarcacións de Bergantiños, Betanzos e A Coruña. No encontro estiveron tamén presentes os técnicos e persoal de distrito do servizo provincial de prevención e defensa de incendios forestais.

Neste encontro fíxose un repaso da situación actual cos representantes dos concellos asistentes e de posibles necesidades de cara a vindeira campaña.

O delegado territorial especificou os diferentes medios das brigadas da Xunta e dos concellos tanto humanos como técnicos cos que contará a provincia para loitar contra os lumes. “En concreto, apuntou Ovidio Rodeiro, estamos a falar en total de máis de mil persoas traballarán de forma directa nesta campaña de verán”.

En canto aos medios materiais veranse reforzados con 174 vehículos entre motobombas, pick-up, todoterrenos y vehículos lixeiros. A isto hai que engadirlles emisoras portátiles de comunicacións dixitais Tetra, teléfonos corporativos e emisoras de comunicación de banda aérea.

O delegado territorial apuntou que “a estes medios humanos hai que sumar os efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), os membros da Garda Civil do Seprona, a Policía Autonómica e Nacional, así como os membros dos equipos de investigación e os equipos de bombeiros comarcais, entre outros”.

Insistiu na importancia deste tipo de xornadas porque permiten analizar os acertos e os erros de campañas anteriores e seguir avanzando en medidas que melloren a coordinación e a eficacia cando se producen incendios forestais. Ademais, recalcou a importancia da prevención como peza clave para reducir os danos medioambientais dos incendios e apelou a importancia de concienciar os cidadáns, cada vez máis, de que se extremen as precaucións e se faga un esforzo especial para ter os montes limpos, especialmente nas franxas de protección das vivendas. “E un esforzo importante para todos, recalcou o delegado, pero o que está en xogo é a seguridade das persoas”.

“Outra das claves na prevención, recalcou Ovidio Rodeiro, é concienciar á xente da importancia que ten denunciar calquera indicio que se detecte de posibles incendiarios porque impedir que os nosos montes ardan é responsabilidade de todos”.